Saturday 04 de May de 2024

Touro entrega a cesta dos productos do outono e elixe á gañadora co Concurso de Tapas


Pepo Suevos e DesastRosas, este sábado na Casa da Cultura de Touro

O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, entregou hoxe a cesta de produtos do outono que sorteou o Concello de Touro con motivo da Feira da Castaña e das Xornas Micolóxicas que se desenvolveron nestes últimos días. O gañador do sorteo da cesta é Ángel Apellamil, veciño de Touro. Pola súa banda, tamén se nomeou gañador da mellor tapa ao bar J. Pardo, de Fonte Díaz, no concurso de Tapas dos Produtos do Outono. A súa tapa foi a máis votada.
A pasada fin de semana Touro acolleu a Ruta da Tapa dos Produtos do Outono. Este ano introduciuse un Tapaporte, a disposición dos clientes, para que poidesen votar á mellor tapa e entrar no sorteo da cesta de produtos do outono. Os votantes que degustaron polo menos 4 tapas de 4 locais distintos (de entre os 8 participantes) elixiron como gañadora a tapa do establecemento J. Pardo. Esta deliciosa tapa, que foi servida o domingo 6 de novembro, estaba composta de: filloas recheas de setas, croqueta de champiñóns e crema de castañas.
O Concello de Touro agradece a participación de tódolos clientes que se achegaron a probar as tapas, selar e votar a súa tapa favorita. O Concello tamén agredece a participación dos establecementos que fixeron isto posible: J. Pardo, O Barranco, Mesón Fonte Díaz, Casa Louzao, Nito, A Peneira, Os Chaos e Carpe Diem.
Programación do fin de semana
Por otra banda, o Concello de Touro programa para o sábado, 12 de novembro, unha nutrida oferta de ocio. A Casa da Cultura acolle a obra ‘Mulleres ao borde dun ataque de textos’ ao cargo de DesastRosas. Será a partir das 18.45 horas e destinada para público adulto. A entrada é libre.
O sábado 12 de novembro tamén está prevista a actuación de Pepo Suevos. O monologuista comenzará a súa actuación ás 17.45 horas tamén na Casa da Cultura. A entrada tamén é libre.